Estamos para escoitarte

Contacta connosco para o que precises.

 Agora tamén  whatsapp  no número 644165966

 

CHAMANOS

986 57 34 33

 

Mara Victoria Moreno LETRAS GALEGAS 2018

 

Programa especial do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018. 

 

Contén audios dos ointes que nos enviaron refráns e ditos galegos. E as intervencións de:

 

Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística .

 

Marcos Maceira Eiras, A Mesa pola Normalización Lingüística. 

 

María Neves Soutelo, Club de Lectura da Estrada. 

 

Pilar Estevez, Plataforma Feminista Galega. 

 

Fran Alonso, Director de XERAIS.

 

Andrea Porto de " A banda da Loba ", compuxeron a canción chamada "Anagnórise". 

 

Compoñentes da radio escolar "Radio Fuco"do CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña, de Traba-Castriz, Concello de Santa Comba. Claudia Soto, Noelia Vilar, Lucía López e Carla Mariño e Ismael Ponte. Falan de Anagnórise, como lectores do fragmento da obra. 

 

Malores Villanueva, Editorial Galaxia.

 

Lorena Conde, Alumna de María Victoria Moreno e membro de " Matrioshka Teatro ".

 

Escoita o PROGRAMA PREMENDO AQUÍ

 

 

pv1

pv2

 

O pasado 23 de marzo foi un día grande para nós, para Radio Estrada, xa que logramos sacar a radio da radio. Instalámonos esa mañá no colexio “Pérez Viondi da Estrada” e pasamos unha mañá ben bonita e divertida compartindo minutos, coñecementos... coa alumnos e co prefesorado e dirección do centro. Logo desta experiencia, está claro que non será a última, traballamos no xeito de mellorar este tipo de programas especiais e a nosa intención é facer máis visitas polo concello.

Agradecementos a toda a comunidade escolar do “Pérez Viondi”, (alumnos, profes, anpa, dirección), a Pablo García, Isa Durán, Estrada Dixital... e a todos os que estivestes con nós. 

SI PICAS AQUÍ PODERAS ESCOITAR A PRIMEIRA PARTE DO PROGRAMA

SI PICAS AQUÍ PODERAS ESCOITAR A SEGUNDA PARTE DO PROGRAMA

 

 

APACAF

 

Hoxe celebrase o DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO, baixo o lema ROMPAMOS XUNTOS BARREIRAS POLO AUTISMO, FAGAMOS UNHA SOCIEDADE ACCESIBLE".

María García Marquez,  responsable de comunicación de APACAF (Asociación de Pais de Persoas con Transtorno do Espectro Autista de Centros de Apoio Familiar), fálanos das actividades deste mes nos centros de Berres, A Estrada (que cumpre 30 anos) e Penagrande, Moraña. Así como, do concerto benefico do día 29 de abril.

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

 

cartel

 

Especial San Valentín 2018.

Gañadores/as Concurso de Cartas de Amor "CAN VALENTÍN 2018"

 

Escoita aos/as Gañadores/as lendo as súas cartas PREMENDO AQUÍ

 

 

CAN VALETN 2017

 

Especial San Valentín 2017.

 

Gañadores/as Concurso de Cartas de Amor "CAN VALENTÍN 2017"

 

Escoita @s gañadores/as, lendo as súas cartas, premendo aquí

 

 

SAMAN

 

Especial "SAMAÍN 2017"

 

Escoita premendo aquí

 

 

Carlos_casares.jpg

Especial "LETRAS GALEGAS 2017"

Escoita premendo aquí

carlosblanco

O venres 19 de xaneiro de 2018, Carlos Blanco fai doble función no teatro principal da Estrada e vendeu... todo o aforo disponible. Case 800 butacas ocupadas. Non é a primeira nin será a última vez que lle pase. E aledámonos por iso. Charlamos disto con el nunha conversa ben agradable. Ademáis falounos do novo espectáculo con Luis Dávila, con Xosé Antonio Touriñán, de "Fariña", (a serie tv!)... e tamén falamos de cantante "Sés", de Jorge Drexler e da maravillosa versión que fixo o cantante portugués Luiz Caracol de "Todo se transforma" (Tudo se transforma) e unha vez máis, lembrouse tamén de Narf. Un pracer como sempre charlar con el.

AQUÍ PODES ESCOITAR A CONVERSA COMPLETA

 

 

 

 

9 de novbembro

Pedro Pérez convidou desta volta ó director de cine Lázaro Louzao para falar do film "Nove de novemtro". A primeira longametraxe de temática LGTB rodada en galego e que ademáis ven con "censura" por parte de Facebook ó non permitirlles estes, amosar o trailer através desta rede social. Con el falamos desta e de outras películas que son as "primeiras películas de... ", gracias á dixitalización e democratización do cine. Moi interesante. Por certo, estréase para comezos do vindeiro ano.

PICA NO ENLACE PARA ESCOITAR A CONVERSA COMPLETA

 

 

Cristobal Dios 1 pamplona 3 galicia 24 05 2018

 

CRISTOBAL DIOS 1º EN PAMPLONA E 3º EN GALICIA

 

Cristóbal Dios acadou o primeiro posto na proba de Pamplona e segue primeiro na Copa de España de Media Distancia, así mesmo tamén acadou terceiro posto no Campionato Galego de ciclismo.

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

 

III Torneo Benxamin 24 05 2018

 

III TORNEO BENXAMÍN CONCELLO DA ESTRADA

 

 

badminton estrada

 

Entrevista con Rodrigo Sanjurjo do último Campionato de España desputado en Oviedo, no que acadaron 4 metais para o equipo estradense.

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

 

Antia chamosa na China 08 05 2018

 

Entrevista ao señor Pardal no que falamos dos resultados dos marchadores da comarca que desputaron probas nacionais e internacionais.

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

 

Dori Carbia 05 05 2018

 

Dori Carbia, medalla de Bronce no Campionato Galego de Fisicoculturismo e Fitness, o III Open Champions Sport Reino de Galicia. E que este domingo vai a participar no Campeonato Norte de España.

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ 

 

 

Cristobal Dios 1 Sevilla 07 04 2018

 

 

Cristobal Dios Ríos subiuse ao máis alto do caixón na primeira proba da Copa de España de Triatlón, desputada en Sevilla. O estradense fainos un resumo desta primeira proba da tempada e explicanos a planificación que ten para este ano, no que se incluen varias citas internacionais de primer nivel.

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

Jos A. Pardal

 

O adestrador do club atletismo Cuntis, José Antonio Pardal. Repasa os resultados acadados, polos/as atletas da comarca, nos Campionatos de España e de Europa. Ademáis de conseguir varios triunfos, conseguiron clasificacións para outros campionatos europeos e para a copa do mundo.

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

 

Sergio Prieto 28 02 2018

 

O deportista estradense Sergio Prieto Pazos, fálanos dos seus últimos resultados en atletismo e da súa viaxe, coas categorías inferiores do R.C.Celta de Vigo a Barcelona, para disputar a International Carnaval Cup.

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

JUDO BASE 21 01 2018 

O Sábado falamos con Xaquín Baldomir, presidente do Clube JUDO BASE de A Estrada. Que organizaron o III Campionato Infantil de Judo na Estrada, coa participación de 400 rapaces e rapazas.

 

Escoita a entrevista premendo aquí

 

 

CAI 17-01-2018.JPG

 

O CLUB ATLETISMO INDEPENDENTE (CAI) A Estrada acaba de conseguir uns grandes resultados no CAMPIONATO GALEGO de ATLETISMO desputado en Ourense, cóntannolo Clara e Guille.

 

Escoita a entrevista premendo aquí 

 

 

CD ESTRADENSE Alberto Mariano, Toño Camba, Victor Lombar 16-01-2018.JPG

 

O C.D. ESTRADENSE de Alberto Mariano, proclamouse CAMPIÓN DE INVERNO nesta tempada 2017-2018, como xa fixera baixo o mando de Victor Lomba na 1990-1991. Repasamos este fito histórico, con eles e có presidente Toño Camba, antes da visita dun todopoderoso U.D. OURENSE. 

 

Escoita a entrevista premendo aquí

 

 

Ainara Lago Bicampiona de España KARATE.jpeg

 Ainara Lago proclamouse Campiona de España de Karate na modalidade de KATA 

Así nolo conta ela.

Escoita a entrevista premendo aquí

 

 

IRIA RIVAS CAMPIONA DE ESPAÑA sub-18 Dec 2017.jpeg

 

Iria Rivas proclamouse Campiona de España sub-18 nos 5 kilometros marcha, no campionato disputado en Guadix, Granada o 10-12-2017.

Así nolo conta ela.

Escoita a entrevista premendo aquí

 

Cristobal Dios Islas Cíes 2017 3.jpg

 

Cristobal Dios gañou por segundo ano consecutivo o "Desafio Islas Cíes" baixando o record da proba en 4 minutos e cunha fisura por estrés no pé.

 

Escoita a entrevista premendo aquí

 

 

Cristobal Dios Alpe dhuez 2017

 

 

Cristóbal Dios ven de facer top 6 no esixente triatlón Alpe d´huez, xunto con Anna Noguera e Iñaki Pena-Manso. 

 

Escoita a entrevista premendo aquí

 

 

Marcos Otero

 

Marcos Otero, fai balance da tempada, da súa traxectoria e falanos do futuro. A entrevista máis persoal do adestrador estradense

 

Escoita a entrevista premendo aquí

 

 

Tita Janeiro Campiona de Espaa de Xabalina can de taberna SBADO 08 07 2017

 

Tita Janeiro proclamouse campiona de España de xabalina na categoría F-35

 

Escoita a entrevista premendo aquí

 

 

 

David Fuentes e Paula Castro Irmandinhos A Estrada

 

Paula Castro e David Fuentes (Kanario), elexidos vicepresidenta e presidente de Irmandinhos A Estrada F.G presentannos o novo proxecto co clube.

Escoita a entrevista premendo aquí

 

 

cristobal.jpg

 

Cristobal Dios Campión Galego de Triatlón Media Distancia. O día 10 de xuño competirá coa selección española no Campionado de Europa de Herning, Dinamarca.

Escoita a entrevista pinchando aquí

 

alex 

 Alex Porto, medalla de bronce no Campionato de Europa de Salvamento.

 Escoita a entrevista pinchando aquí

 

 BURBULLAS 12 05 2017

Escoita a entrevista coas rapazas do equipo de natación sincronizada "SINCRO BURBULLAS" de A Estrada

Pincha aquí 

 

 Cristobal

Escoita a entrevista con Cristobal Dios, Gañador do "Desafio Islas Cies" e "Campión Galego de Triatlón Cross".

Pincha aquí

 

 

javi

Escoita a entrevista con Javier Carballo. Medalla de bronce no "Mundial de Salvamento".

Pincha aquí

ales

Entrevista con Alex Porto, adestrador do CNS A Estrada.

Pincha aquí

 

MEMYSELFANDAE

ENTREVISTA EXCLUSIVA PARA RADIOESTRADA DE "MEMYSELFANDAE":

Tivemos o pracer de conversar uns minutos cos compoñentes do perfil de Instagram "MeMySelfAndAE". Como vedes na foto, prefiren manterse no anonimato por iso distorsionamos as súas voces. 

Tras moito traballo, negociacións e incluso algún que outro "favor", o "EIRE", (Equipo de Investigación de Radio Estrada 107.7), consguiu poñerse en contacto co grupo de mozos estradenses que están a revolucionar a vida social, comercial, hostaleira e política da #Estrada, (e tamén de #ForcaRey).
Pola súa integridade física prefiren, como levan facendo todo este tempo, manterse no anonimato. Cousa que non quita que reciban constantemente ameazas de todo tipo.
 NON A PERDAS!! Dan nomes, opinan sobre política, comercio local, falan da menorada, das MILF, da "zoña vinos", da nova alameda, novo mercado, nova gardería... de todo o "novo"...
podes seguilos en Instagram e ver como desestabilizan o sistema: https://www.instagram.com/memyselfandae/

 

Nesta sección atoparás diferentes grabacións feitas a persoeiros destacados que foron protagonistas nas ondas.

 

21 10 2020 KIKO TORRADO

 

 

 Falamos con Kiko Torrado que se atopa a un paso da xubilación. Kiko desenrolou a súa carreira profesional vencellado a hostelería e ao ocio nocturno estradense, sendo xerente das míticas Sala de Festa Discoteca Lennon e Discoteca ViceVersa. Ademáis de facer un repaso da súa traxectoria na  hostelería estradense, Kiko comparte con nós cales son as suas paixóns. Esta entrevista tamen conta coa participación de diferentes persoas que tiveron relación profesional e persoal con él ao longo dos máis de corenta e cinco anos adicados a este sector.

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

Escoita o programa completo SALTA DA CAMA mércores 21-10-2020

 

 

 

El emigrado

 

 

"El Emigrado" cumpreu 100 anos dende a súa primeira edición e para commemorar data tan sinalada a Asociación Cultural Vagalumes editou un número especial homenaxe a "El Emigrado" no seu centenario (ver número)

 

Falamos con Marcos Borrageros,  un dos membros máis novos da asociación, que nos fala da importancia que tivo o xornal "El Emigrado" no seu momento e do precisos que son os medios de comunicación locais. Así mesmo tamén explica como se levou a cabo a edición deste número homenaxe e quen participou na súa elaboración. 

 

Escoita a entrevisa PREMENDO AQUÍ

 

Escoita o programa completo SALTA DA CAMA martes 20-10-2020 

 

 

 

eoi

 

Falamos con Miguel Guido, xefe de estudos da Escola Oficial de Idiomas (sección da Estrada). Miguel cóntanos como temos que facer para preinscribirnos e o modelo educativo que seguen para a formación do alumnado, así como, cales son os horarios das aulas.

O vindeiro día 19 remata o prazo para facer a preincripción. 

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

Escoita o programa completo SALTA DA CAMA xoves 15-10-2020

 

 

 

nos mesmas

 

 

O pasado 1 de outubro Nerea, de 17 anos, quitouse a vida en Rois (A Coruña), porque non puido soportar tanto odio. O odio á persoa diferente, á que non ama como eles.

Falamos con Elisabeth Pérez da Asociación Nos Mesmas  sobre a LGBTIfobia existente no eido educativo e o acoso que sufren os alumnos/as.   

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

Escoita o programa completo SALTA DA CAMA 09-10-2020

 

 

 

 

SuperUlex

 

 

Susana Sanches Arins presentanos "SuperUlex" a primeira SuperHeroína galega, que narra as aventuras de Clara, unha moza a que a químio afastou da sua escola durante semanas, pero ao regresar, todo nela mudou. Xa non é a mesma e non pode ficar indiferente perante as injustizas e atropelos que acontecen à sua volta, veñan de quen veñan. A sua forza e reflexos vense afetados de xeito descomunal, tanto que nen ela mesma é capaz de controlalos. Deixou de ser Clara para se converter, coa axuda da avoa Rorita e da tropa fandanga, en SuperUlex, a heroína que todas estábamos a agardar.

 

O libro está editado por Cuarto de inverno

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

Escoita o programa completo SALTA DA CAMA 09-10-2020

 

 

Elba Pedrosa O que non sabas

 

 

Elba Pedrosa preséntanos a súa primeira novela, "O que non sabías". Unha historia intimista, de contrastes e paixóns. Esta novela condúcenos por sentimentos confrontados que exploran vidas cotiás e os seus pasados, vidas nas que tamén se agochan inconfesables segredos familiares e momentos complexos, especialmente para as mulleres.

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

 Escoita o programa completo SALTA DA CAMA 25-09-2020

 

 

 

 ana 3

 

Ana Miranda: "Europa serve para que poida haber un beneficio para a xente e precísase unha voz galega alí, para que poida trasladar os temas directamente". "Nos vote a xente ou non nos vote, imos traballar para o pobo galego sí ou sí".

 

Ana Miranda Paz, eurodiputada polo BNG - Bloque Nacionalista Galego, fala da sentenza que obriga á familia Franco a devolver o Pazo de Meirás (Consulta a sentenza PREMENDO AQUÍ). E repasa outras victorias como a reapertura do caso Alvia.

 

Escoita a entrevista PREMENTO AQUÍ

 

Escoita o programa completo SALTA DA CAMA do 04-09-2020

 

 

 

Xesus

 

 

Xesús Rodríguez, un dos gaiteiros da Catedral de Santiago de Compostela, cóntanos a súa experiencia logo que de que un partido de extrema dereita utilizase a súa imaxe para crear unha fake news e espallar un bulo.

 

Un feito que define como "VERDADEIRAMENTE NOXENTO" e que pode afectar a súa activade profesional, tanto musical como a de artesán no Obradoiro de Gaitas XEROCA, do que é propietario.

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

Escoita o programa completo SALTA DA CAMA do 23-06-2020

 

 

 

 

Juan Gonzlez Nigrn

 

 

Juan González, alcalde do Concello de Nigrán, fálanos da investigación aberta pola Subdelegación do Goberno, a un youtuber vencellado á extrema dereita, polos delitos de odio e contra a súde pública.

 

Tamén nos fala do desenrolo industrial que están a levar a cabo o poligono Porto de Molle, que é un referente a nivel nacional e internacional.

 

Do programa "Un Nigrán Para Todos", un proxecto de inclusión que traballa a prol da accesibilidade universal, para o veciños do Concello de Nigrán e os seus visitantes. 

 

E das actividades que están a plantexar para este verán, para favorecer o turismo e a dinamización cultural do concello dun xeito seguro.

 

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

 

Se queres escoitar o programa completo "SALTA DA CAMA" do luns 22-06-2020 CLICKEA AQUÍ 

 

 

 

 

 

Fer 

 

Fernando Brey Quintela, o Indiana Jones estradense, narrou para Radio Estrada como achou unha virxe gótica do século XIV no río Sar.

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

Escoita o programa completo de SALTA DA CAMA premendo AQUÍ

 

 

 

WhatsApp Image 2020 05 25 at 09.48.20

 

José Luis Sánchez e Manolo Gañete, xerente e xefe de almacén de Caetano Fórmula Galicia e José Manuel Vázquez de Cáritas A Estrada dannos o resultado e a valoración da campaña, conxunta con ACOE-Asociación de Comerciantes de A Estrada   , de doazon de alimentos e pola cal cada persoa que se achegara levaba unha pantalla de protección facial.

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

Se queres escoitar o programa completo "Especial COVID-19" do luns 25-05-2020 CLICKEA AQUÍ

 

 

 

 

Caetano Formula Critas

 

José Manuel Gañete, o traballador de Caetano Fórmula Galicia do que xurdeu a idea de facer unha campaña, con ACOE - Asociacion de Comerciantes de A Estrada , de doazón de alimentos no perecederos para Cáritas Española e a cambio levas unha PANTALLA FACIAL PROTECTORA

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

Se queres escoitar o programa completo "Especial COVID-19" do venres 22-05-2020 CLICKEA AQUÍ

 

 

 

 

POST Caetano Formula y ACOE

 

José Luis Sánchez, xerente de Caetano Formula Galicia (Renault) fala do convenio, para incentivar o comercio local, que acaba de firmar o concesionario da Estrada coa ACOE (Asociación de Comerciantes de A Estrada) .

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

Se queres escoitar o programa completo "Especial COVID-19" do mércores 13-05-2020 CLICKEA AQUÍ

 

 

 

 

Luisa Pieiro Arcos Alcaldesa de Moraña

 

 

Luisa Piñeiro Arcos, alcaldesa de Moraña, fálanos sobre as iniciativas que están a levar a cabo no seu concello, para mellorar a calidade de vida dos seus veciños durante o Estado de Alarma. 

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

 

Se queres escoitar o programa completo "Especial COVID-19" do martes 07-04-2020 CLICKEA AQUÍ

 

 

 

 

barruso elcorreogallego 220319FOTO: elcorreogallego.es

 

Convidamos ó músico Carlos Barruso a Radio Estrada para compartir con el uns minutos e falar con calma do vivido nos últimos días. E fixémolo despois da emocionante noite vivida no Teatro Principal para falar sin presións. E falamos, sobretodo, dese maravilloso concerto "Fin de vida", (22 marzo 2019), que protagonizou xunto con máis de trinta grandes músicos tamén: familia, compañeiros, amigos, alumnos... Un concerto cargado de emocións que axudou a acadar un nivel musical que tardaremos moito en volver a disfrutar na Estrada. Un concerto de 10 que lembraremos por moitos anos. Un concerto organizado polo propio Carlos para despedirse ó grande. E vaia si o fixo! Un concerto que moitos recibimos como un auténtico agasallo. E claro, facendo este tipo de cousas, del non nos imos esquecer.

Logo dos acontecementos das últimas semanas, das roldas de prensa, das espectativas, das emocións, da súa enerxía, da súa actitude... foi máis sinxelo do que agardaba. Só había que deixarse levar e falar do que nos fai sentir ben, da xenerosidade, da entrega, do traballo, das recompensas... e de música.

AQUÍ TES O ENLACE PARA ESCOITAR/DESCARGAR A CONVERSA... E A MÚSICA

 

 

 

061

Unha base do 061 no novo centro de saúde da Estrada, reduciría, cando menos, o tempo de resposta actual á metade. Así o reclaman técnicos deste servizo público, da Estrada e de toda Galicia, coincidindo coa construción do novo centro no concello. E estamos a falar de reducir o tempo de resposta en casos de emerxencia nos cales as nosas vidas poden perigar por cuestión de minutos, ou segundos... 

PREME AQUÍ: Contóunolo EN ESTA ENTREVISTA o técnico do 061 na Estrada, Antón Cerviño.

 

 

 

 

Mara Lpez de la Calle 9 06 2018

 

 

María López de la Calle, galardoada có Premio do Colexio de Inxenieiros Agrónomos de Galicia, polo estudo da aptitude tecnolóxica do arroz como sustituto dos productos lácteos tradicionais.

Con ela repasamos a situación actual dos investigadores en España.

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ 

 

 

Bicicletas Clsicas VII Feira da Sidra 2018

 

CONCENTRACIÓN BICICLETAS CLÁSICAS

 

Falo con Miguel Rodríguez da Asociación de Vehículos Clásicos da Estrada, que como cada ano pola feira da sidra se visten de época para facer unha pequena ruta coas bicicletas clásicas.

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

 

Programa VII feira da sidra de a estrada 2018

 

VII FEIRA DA SIDRA NATURAL E ECOLÓXICA

 

Falo con Miguel Soto sobre a séptima edición da Feira da Sidra Natural e Ecolóxica da Estrada na que se deron cita máis de 22 lagares nacionais e internacionais.

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

 

emae 2018

 

ESTREA EMAE (Escola Municipal de Artes Escénicas)

 

Falo con Anabell Gago, profe da escola municipal de artes escénicas (EMAE) e con Alba Aller, alumna de primeiro ano, sobre a estrea da obra de fin de curso. Unha obra de Valle Inclán que se chama Ligazón.

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

 

Manuel Fragoso 10 05 2018 2 

 

Entrevista ao pintor estradense Manuel Fragoso, sobre a exposición "Espazo", que podemos visitar, na sala abanca de A Estrada, ata o vindeiro 16 de maio de luns a venres de 20 a 22h e os sábados de 11 a 13h.

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

 

Luis Dios 04 05 2018 Encuentro 2018

 

Luis Dios explicanos que é o "Encuentro de Grandes Viajeros", que por primeira vez se celebra en Galiza.

Fálanos das actividades que se van levar a cabo nesta XIV edición e do apaixoante que é viaxar sobre duas rodas.

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

Máis información en: http://encuentrograndesviajeros.com/category/14a-edicion-egv-2018-la-estrada-pontevedra/

 

 

unicef bullying

 

O 2 de maio é o DÍA MUNDIAL DE LOITA CONTRA O BULLYING E O ACOSO ESCOLAR.

 

Falamos con Irene Marín de UNICEF COMITÉ GALICIA, sobre a publicación do informe sobre a FENDA DIXITAL e dun dos tipos de acoso, o CYBERACOSO.

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

 

ISABEL NEIRA RADIOESTRADA

O pasado xoves 5 de abril (2018), recibimos nos estudios de Radio Estrada a Isabel Neira. Convidamos a esta torneira de Berres, ATALÁNTA MADERA, para que nos falara do seu traballo e sobre todo, como se sintía logo de que unha das súas pezas, un crebanoces de madeira, fora elexido para a tenda do museo londinense "Tate Modern". Foi un auténtico pracer coñecela e escoitala falar con tanta paixón e amor do seu traballo. Deixou moi boa enerxía. E coñecemos esta noticia porque un día, Isabel, quixo decirlle ó mundo que estaba feliz. 

SI PREMES EN ESTE ENLACE PODERÁS ESCOITAR A CONVERSA COMPLETA

 

 

AREAS ESTRADA PREMIO LABOR MULLER 060318

O concello da Estrada decidiu outorgar este ano 2018 a empresa "Areas Estrada", con casi 50 anos de historia, o premio honorífico a labor da muller. Con el queren recoñecer o traballo das mulleres en distintos sectores como xa fixeron en edicións pasadas. O seu caso é especialmente particular xa que a empresa, logo de herdala dos seus pais, lévana agora as cinco irmáns: Teres, Saly, Raquel, Carmela e Montse repártense os distintos traballos de palista, almacén, camioneira... 

En Radio Estrada compartimos con elas, non unha entrevista, sinón unha conversa na que falamos un pouco de todo. E ata saiu á luz... a "famosa bodega dos Torres".

Parabéns e a seguir así de ben.

PREME AQUÍ PARA ESCOITAR A CONVERSA

 

 

 

Manuel Tosar

Manuel Tosar visitou nos estudos de Radio Estrada

 

Os irmáns Tosar Asorey inauguran unha exposición conxunta de pintura e escultura chamada "Maceta e Pincel"

 

A exposición pódese visitar do 2 ao 31 de marzo no auditorio municipal Xosé Casal de Vila de Cruces na sala Paco Lareo. en horario de 16:00 a 22:00h.

 

Escoita a entrevista PREMENDO AQUÍ

 

 

faro a estrada 6848320 4 gpaloma

As tres escolas unitarias do concello de Moraña visitáronos o pasado mércores 31 de xaneiro. Viñeron coñecer as instalacións e o funcionamento da radio ademáis de celebrar con nós o "Día Internacional da Paz". Falamos coas profes da EEI de Lamas, da EEI de Amil e da EEI de San Lourenzo sobre as características das escolas unitarias e logo, os alumnos saudaron, cantaron, recitaron... e deixáronos ese regaliño que vedes na foto. Que o pasamos moi ben!

PICADE EN ESTE ENLACE PARA ESCOITAR A SÚA INTERVENCIÓN

 

PALESTINA

O 29 de novembro celébrase mundialmente o "día solidario co pobo palestino". Aproveitamos a data para falar da situación na que se atopa Palestina ante o acoso, colonización das súas terras, expulsión das súas casas... por parte de Israel co beneplácito por gran parte de paises que lonxe de intervir para frear esta situación, miran para outro lado e negocian con Israel. Dende "BDS GALIZA", Lucía Barros explicounos moi ben a situación e contounos que podemos facer a nivel individual para decirlle a Israel, que isto non lle sae gratis.

ESCOITA A ENTREVISTA PICANDO NO SEGUINTE ENLACE

 

 

alfonso

Luis Reimóndez e Ramiro Varela acompañáronnos o pasado xoves para falar do médico, do pai, do amigo... do dinamizador cultural da Estrada, Alfonso Varela Durán, que faleceu o pasado martes. Un home que acuñou o termo "estradensismo": sentimento polo cal defendes o teu concello, A Estrada, por riba de todo.

NO SEGUINTE ENLACE TES A CONVERSA COMPLETA

sabelaodoherty

Esta semana, o noso colaborador Pedro Pérez, convidou a Alex O´doherty e Sabela Arán a pasarse polo noso programa. E pasámolo moi ben coas dúas conversas. Alex trae a Estrada o seu espectáculo "Cosas de esas" e Sabela é protagonista na nova serie da TVG "Viradeira". Vai a sorprendervos cales son as súas series favoritas, sobre todo a de Sabela. Tivemos un momento moi friki e moi divertido con ela. E por certo, sabíades que Alex O´Doherty ten familia en Redondela?

PREME NO SEGUINTE ENLACE PARA ESCOITAR AS DÚAS ENTREVISTAS.

 

 

mulleres bravas

"Mulleres bravas da nosa historia" é unha colección editada por "Urco" na que se recupera e pon en valor o traballo e a figura de moitas mulleres que quedan esquecidas pola historia (dos homes). Unha das autoras que participa nesta colección é Eli Ríos. Con ela falamos en "Agaleria" de Radio Estrada sobre este traballo, sobre a muller, sobre as novas xeracións... e sobre a presentación desta colección o vindeiro sábado 28 de outubro na "Biblioteca Roberto Blanco Torres" de Cuntis e na que tamén está implicada a Libraría Graña de Cuntis.

PREME AQUÍ PARA ESCOITAR A CONVERSA COMPLETA

 

MEDO

foto: google

Incluído na programación do "Festival Pannic" que se celebrará na Estrada no mes de novembro, dende "A Estrada das Letras" propóñennos un obradoiro intensivo de relato curto de terror, medo... impartirase nas mañás dos sábados na "Casa das letras" e estará impartido por Neves Soutelo e Romina Bal. Con esta última falamos en "AGalería" sobre este obradoiro, sobre literatura infantil ou non infantil... unha conversa moi interesante e que nos quedou curta. 

PREME AQUÍ E ESCOITA A CONVERSA COMPLETA

 

xavier veiga

Esta semana falamos co guionista, cómico, actor, productor... Xavier Veiga. Inaugurou ademáis a segunda edición de "Estrada Comedy". Falamos nunha breve conversa de moitas cousas: GymTonic, David Amor, teatro, cine...  

PREME AQUÍ E ESCOITA A CONVERSA COMPLETA.

 

lume

Nun día no que se mestura a tristura e raiba, falamos con Fins Eirexas, secretario executivo de "ADEGA", asociación ecoloxista que forma parte do "Comite de Defensa do Monte Galego". A conversa xirou evidentemente arredor dos lumes que arrasan o pais nos últimos días e Fins plantexounos unha serie de feitos que dan conta da necesidade de mudar políticas forestais, dos intereses económicos e políticos que hai detras dos lumes cada ano... e tamén falamos da convocatoria de concentracións cidadáns para esta tarde por todo o país.

AQUÍ TEDES A CONVERSA COMPLETA E TODA A INFORMACIÓN DAS CONCENTRACIÓNS.

 

 xoan xess

"O canteiro de Sebil" é o título do documental realizado polo amigos de Quinteiro Umia, no que se da conta e realza a figura dun veciño de Cuntis: Xoán Xesús González, asasinado no ano 1936 polo golpistas de Franco. Un documental que contou ademáis coa participación de moitos veciños, que foi grabado polas terras do Umia, Compostela... Estivo con nós o amigo Paulo Escariz para falarnos de X. Xesús González como tamén do traballo que realizaron e da estrea, que será o xoves 12 de outubro ás 20hrs. no "Centro Xuvenil X. Raído Patelas" de Cuntis.

 NO SEGUINTE ENLACE PODERÁS ESCOITAR A CONVERSA.

 

SAHARA 1

foto: Bernabé/Luismy

O domingo 22 de outubro celebrarase a 7ª edición do xantar "pro-sahara" que organiza a asociación "Solidaridade Galega co Pobo Saharaui", en Couso, A Estrada. As entradas están xa á venda. Juan Soutelo e Aurora Clemente visitáronos esta semana para falarnos en detalle desta cita e tamén do traballo do seu colectivo a favor dos refuxiados nos campamentos saharauis.

PREME AQUÍ PARA ESCOITAR A ENTREVISTA COMPLETA

 

Curso Camara Estudo Momento 11

Pedro Pérez voltou a Radio Estrada e no primeiro día trouxonos como convidada a Iria Ares, que nos falou da "actuación ante a cámara". Das diferencias que pode haber entre actuar en teatro e ante unha cámara, do "a cámara quérete", das técnicas de interpretación... através do método "EDM", impartirán un curso na Coruña. E para rematar contounos cal é a súa serie favorita. Non ides adiviñar cal!

EN ESTE ENLACE TES A ENTREVISTA E TODA A INFORMACIÓN SOBRE O CURSO

 

 

circuito 2018

A ascociación "Escola Artística" de Cuntis trae por noveno ano consecutivo o seu ciclo de teatro amador. Desta volta serán catro os espectáculos que se incluen nas vindeiras fins de semana. En "AGalería" de RadioEstrada, charlamos con unha das organizadoras, Saleta Fernández, a quen tamén lle preguntamos polo fin de xira de celbración de aniversario da escola.

 PREME AQUÍ PARA ESCOITAR A ENTREVISTAfacenda

foto: LaOpinion

Estivemos falando con Xosé Ramón González de Unións Agrarias sobre a intención de "Inspección de Traballo", (acompañados pola Garda Civil), de multar a veciños e familiares que axuden nas tarefas agrícolas. Multar, abrir expediente por axudar. O cal, a todos nos parece unha barbaridade pero xa se deron varios casos no país. O noso convidado explicounos a situación. Vos que opinades?

PREME AQUÍ PARA ESCOITAR A ENTREVISTA 

 

 

 

CS23C11F6 231825

Este venres, AGADEA ofrécenos un espectáculo teatral protagonizado pola actriz Pepa Barreiro: "Na butaca (Fantasía nº3 en Dor Maior). Esta escrita e dirixida por Esther Carrodeeguas. Convidámola a charlar un ratiño con nós en Radio Estrada e falamos deste espectáculo e tamén de "Boaxa e Carmín" que aínda non se reprentou ás dúas en punto.

PREME AQUÍ PARA ESCOITAR A ENTREVISTA.

 

BeFunky Collage

O estradense David Álvarez foi o encargado da tradución das historias de Pippi Mediaslongas. En poucos días terémolas xa nas librarías, (Ed. Kalandraka). Na "Galería" falamos de Pippi, do traballo de tradución, dos idiomas... e como vedes na foto, David, ata foi pirata para meterse máis no papel de Pippi.

AQUÍ PODES ESCOITAR A CONVERSA COMPLETA

 

carams

María del Carmen Caramés é a gañadora do premio de poesía "Avelina Valladares" 2017 da Estrada. Charlamos con ela na "Galería" de Radio Estrada sobre o premio, a poesía, a dor, a felicidade, a idade... o "carpe diem"... e tamén a felicitamos claro. Unha conversa ben linda.

 PODES ESCOITALA PREMENDO AQUÍ.

 

DRONES

En outubro realizares este curso de pilotaxe de drones impartido pola empresa estradense "worldrone". No programa "AGalería" falamos con un dos seus responsables, Javier Vázquez, sobre a empresa e sobre o curso, para o cal sigue aberto o prazo de matrícula.

ESCOITA AQUÍ A ENTREVISTA

 

 

setas

foto: Miguel Souto - LaVozdeGalicia

O 6 de outubro comeza unha nova edición de "Estrada Micolóxica - Outono 2017". Charlas, saídas ó monte, concursos de fotografía...

Si queres participar e coñecer o programa de actividades, escoita AQUÍ a conversa que mantivemos con Merche Nodar.

 

chevere

A compañía "Chévere" celebra este ano o seu 30 aniversario... 25 anos da apertura da "Sala Nasa" e 5 dende que están en Teo... e ademáis... 25 anos do incio das "Ultranoite". E van a festexalo ó grande, con 6 funcións antolóxicas en setembro, os días 8, 9,15, 16, 22 e 23. 

Tedes toda a información en esta entrevista que lle fixemos hoxe a Xesús Ron.

 

 

acrofam

Hoxe falamos con tres dos compoñentes do colectivo ACROFAM. Fixéronos un resumo do curso pasado e espectativas para o vindeiro. Falamos tamén de igualdade de xénero, deportes, sexualidade...

Escoita AQUÍ a entrevista enteira.

 

revolta

Vaia planazo que nos ofrecen os amigos da Asoc. Xuvenil e Cultural Río Umia de Cuntis para o sábado 9 de setembro.

Preme AQUÍ e escoita tódolos detalles desta festa.

 

velutina

 

Entrevistamos a Jesús Asorei da Asociación Galega de Apicultura sobre os perigos da vespa Velutina. 

Escoita a entrevista premendo aquí.

 

 

Manuel Fortes

 

O estradense Manuel Fortes, logo de viaxar por varios continentes, vive en Praga. Traballa no departamento de RRHH de Amazon e contounos a súa experiencia.

 

Escoita a entrevista premendo aquí

 

 

frica Bonet Carballo

 

#emigrantes A estradense África Bonet Carballo vive en Sidney, Australia e contounos a súa experiencia.

 

Escoita a entrevista premendo aquí

 

 

Luis Temes Ostrava

 

#emigrantes O estradense Luis Temes Reino vive en Ostrava, República Checa e contounos a súa experiencia.

Escoita a entrevista premendo aquí

 

 

Ricardo Terceiro

 

Ricardo Terceiro escribiu a historia do "Estadio Municipal da Baiuca" e estivo en Radio Estrada repasando algunha das anécdotas.

Escoita a entrevista premendo aquí

 

 

 Athenia Feros

 

#emigrantes A Cuntense Athenia Lola Alvárez Feros leva meses vivindo no Canadá e contounos a súa experiencia.

Escoita a entrevista pinchando aquí

 

 

Moncho

 

#emigrantes O Estradense Moncho Castro leva meses vivindo na China e contounos a súa experiencia.

Escoita a entrevista pinchando aquí

 

 Sara

#emigrantes A estradense Sara Valcarcel Maceira inaugurou a exposición fotográfica "Ver el mundo con ojos de extraño" no Gat Point Charlie Hotel de Berlín. A exposición estará aberta dende o 1 de xuño ata o 1 de agosto.

Escoita a entrevista pinchando aquí

 

Alba

 

Alba Rodríguez Sánchez A mellor das escolas de hostalería no Concurso Internacional de Baristas de Foz

Escoita a entrevista pinchando aquí

 

Escoita a entrevista con Catarina Barcala, gañadora do concurso publicitario da coordinadora estatal de VIH/SIDA.

Pincha aquí