| "PALABRAS NO AR". É unha iniciativa da editorial kalandraka que se enmarca no programa bocaberta da secretaría xeral de politica lingüística. Son sesións de contos e música para os máis cativos de catro a sete anos, obradoiros de oralidade para o alumnado ata nove anos, e talleres de escrita creativa destinados a rapaces e rapazas ata doce anos, no que participaron mais de 1.200 escolares. Nestes días visitaron os CEIP Cabada Vázquez, Perez viondi, Figueiroa, Manuel Villar Paramá e os CEIP de Oca e do Foxo.

|