Tirinautas Teatro
TIRINAUTAS TEATRO bota a andar nos albores da primaveira do ano 1997, animado pola idea de achegar o feito teatral
ós centros de ensino da comarca e ás parroquias.
Paralelamente, pretendia satisfacer as inquedanzas artisticas
que neste eido do espectaculo albergaban non poucos
estradenses coa finalidade de crear unha agrupación
de teatro estable.
Despois de varios meses de intenso traballo, os Tirinautas
presentan a súa primeira obra que consiste nunha adaptación
de varios relatos curtos do escritor local Manuel García Barros.
Un ano mais tarde, o grupo, en sintonia coa delegación de
cultura municipal, decide levar a cabo a montaxe da obra de
Varela Buxán " Se o sei non volvo a casa ". Será precisamente
esta proposta a que leve o grupo ós escenarios doutras cidades galegas
consolidandóo xa como unha alternativa sólida dentro de escena rexional.
Este proceso madurativo viuse altamente refrendado coa recente e exitosa
presentación de " Un domingo de Pic-nic ", última escenificación do grupo baseada
no texto de Fernando Arrabal, que racha un pouco coa liña costumista que a
agrupación viña mantendo ata ese momento.
O 23 de decembro de 2001 e dentro da II Mostra de Teatro Afeccionado, os Tirinautas
estrean no Teatro Principal da Estrada a obra " Un Bufete tolo ", froito da admiración que
o grupo sinte polo talento dos Irmáns Marx.
Xa no 2004 estrean no Teatro Principal
"Ensalada de mosquito",
unha adaptación de José Lueiro sobre o texto de
Agustín Moreto "El lindo don Diego".
O exito de publico fixo preciso celebrar 10 funcions, polas que pasaron mais de 4.000 espectadores.
ver revista de prensa
Os Tirinautas son hoxe un colectivo de vinte actores, ilusionados co propósito de disfrutar e facer
disfrutar ó público co feito teatral, obstinado en arrincar silencios alá por onde vai.
O silencio antes e durante a función é o noso obxecto, non o aplauso.