FUNDACION | Publicacións | Radio Estrada | Museo | Coral | Danza | Teatro | Novas | Correo Web do Concello   


Museo Manuel Reimondez Portela




O Museo MANUEL REIMONDEZ PORTELA, fundado polo médico e ilustre poligrafo que llé dá nome, centra as súas actividades na custodia, esposición e estudio dos restos materiais - historicos, artisticos e etnograficos - procedentes do municipio da Estrada.

É especialmente interesante a sección adicada ós oficios, entre os que cómpre salientar os relacionados coa madeira, actividade de moi longa tradición nas terras estradenses.

Exponse tamén unha aula de clase "tradicional", coas correspondentes mesas, libros, mapas murais e diverso material escolar, sen esquecer xoguetes tradicionais a partir da década dos 50.

Asi mesmo o Museo organiza e estimula actividades culturais como exposicións e ciclos de conferencias; recibe visitas escolares e de público en xeral (previa cita), e edita o anuario
A ESTRADA, miscelánea histórica e cultural.

Integrado na institución municipal Fundación Cultural da Estrada, o Museo Manuel Reimóndez Portela está rexido por un Patronato que preside un Director-Xerente.


Avda. Matadoiro, s/n - Apartado de Correos, 78 - 36680 A Estrada * Tlf. 986573433 * correo electrónico : museo@aestrada.com

 
A Fundación Cultural da Estrada
e unha entidade para o fomento da cultura
creada polo
Concello da Estrada