![]() |
|
CORAL POLIFONICA ESTRADENSE
A Coral Polifonica Estradense naceu no ano 1996 e baixo a dirección de Xabier Comesaña coa idea de recupera-la tradición musical deixada pola desaparecida Masa Coral. Despois de un ano de ensaios e preparación de repertorio, a Coral Polifónica estréase e preséntase ante o público estradense o 29 de Xullo de 1997 na Igrexa parroquial de San Paio, actuando como "padriños" a Agrupación Coral "Pazo de Oca" e a Coral Polifónica de Soutomaior. A partir desa data, ofrece concertos en diversas vilas e cidades espaiadas por toda a xeografia galega, destacando pola súa variedade de repertorio. Dentro da súa actividade, hai que destaca-la gravación feita para a Radio Galega e a intervención no programa da RTVG " Galicia Enteira ", así como varias actuacións coa Banda Municipal da Estrada. No Día das Letras Galegas de 1998 estrea na Igrexa parroquial a Misa en Galego, ampliación de repertorio que lle aumenta a demanda de actuacións, incluso por parte de particulares. Xa no ano 2000 foi seleccionada polo IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais), xuntamente con outras vinte para participar no programa "Galicia Cantat 2000" Na actualidade a Coral Polifónica Estradense está integrada por 50 compoñentes. |
| | ||
|
|
A Fundación Cultural da Estrada e unha entidade para o fomento da cultura creada polo Concello da Estrada |
|